Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

xoves, 22 de agosto de 2013

Tomas Bosque - Cuando los Tiempos vienen Mejores (1976)

Primeiro disco do cantautor Tomás Bosque, un dos cantautores da nova canción aragonesa. Tomás Bosque é un dos poucos representantes da canción catalana en Aragón.

Descargar

xoves, 15 de agosto de 2013

Xosé Quintas-Canella - Porque no Mundo Mengou a Verdade (1978)

Xosé Quintas-Canella (Xosé Veloso) publica o seu primeiro e único disco xunto con Eloi Vázquez e Ánxel Barbadillo, con cancións do cancioneiro medieval. Disco atopado na páxina de ghastaspista

Descargar

martes, 13 de agosto de 2013

Maria e Xavier - Todos os seus Traballos

Xavier González Miro e María del Carmen Martínez forman en 1969 o dúo Maria e Xavier, publicando 4 singles e manténdose en activo ata 1971. Xavier González escribe case todas as cancións non tradicionais dos seus discos. Na ligazón tedes todos os discos que publicaron, estes foron atopados no blog Sempre en Galiza.

Descargar

domingo, 11 de agosto de 2013

Joaquín Carbonell - Con la Ayuda de Todos (1976)

Primeiro disco do cantautor Aragonés Joaquín Carbonell. Gravado coas colaboracións de José Antonio Labordeta, Francesc Pi de la Serra, Pilar Navarrete e Toti Soler

Descargar

mércores, 7 de agosto de 2013

Coro Popular Jabalón - Cantos de la Resistencia Española (1977)

Ao rematar a ditadura, o grupo Nuestro Pequeño Mundo publica dous discos dobres co seudónimo de Coro Popular Jabalón, o primeiro dedicado ás cancións da guerra civil e o segundo (este) dedicado á canción reivindicativa.

Descargar

venres, 2 de agosto de 2013

Agapito Marazuela - Folklore Castellano (1975)

Este foi o único disco que o folklorista Segovián Agapito Marazuela publicou, aínda que dedicase toda a súa vida ao estudio do folklore castelán, chegando a publicar dous cancioneiros: Cancionero de Castilla la Vieja (1932) e Cancionero Segoviano (1964)

Descargar