Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

xoves, 19 de setembro de 2013

Eneko Labegerie - Nazio Berria (1999)

Eneko Labegerie, fillo de Mixel Labeguerie, leva no mundo da música dende os anos 70 xunto co grupo GUK. Este é o seu primeiro disco que publica co seu propio nome. Destacamos a nova versión da canción Nafarra, oi Nafarra escrita polo seu pai, cantada por Eneko e publicada no ano 1972.

Descargar

venres, 13 de setembro de 2013

Adolfo Celdrán - Denegado (1977)

Este é o cuarto LP do cantautor alicantino, e o último nunha longa tempada ata que publica o seu seguinte disco no ano 2001. Neste disco volve gravar algunhas cancións coas que tivo problemas durante a ditadura, na que, polos máis arbitrarios motivos denegaban a súa publicación.

Descargar

mércores, 11 de setembro de 2013

Imanol - Joan Etorrian (1987)

Un dos mellores discos do cantautor vasco, no que volve facer gravacións de cancións de discos anteriores como Zure Tristura, Euskadin Castillan Bezala, Lau Haizetara ou Nire Euskatasuna. Neste disco atopamos colaboracións de Paci Ibáñez, Jose Antonio Labordeta e Joaquín Sabina. O disco foi editado polo selo Elkar e reeditado uns anos despois polo selo Moshé-Naïm.
Atopado hai tempo no blog de música en euskera Ekaitzaldi

Descargar

domingo, 8 de setembro de 2013

Tomas Bosque - Tomas Bosque (1978)

O segundo e último disco deste cantautor aragonés

Descargar